miércoles, 13 de mayo de 2020

Despedida Zaira

Ola a todas e a todos👋. Como estades?

Eu teño sentimentos encontrados pois sinto dicir isto, pero este será o meu último post no blog, un blog feito con dedicación, enerxía e agarimo sen dúbida! Grazas a esta iniciativa tivemos, tiven, a oportunidade de adentrarnos no mundo das TIC, un mundo moi actualizado e moi necesario para as aulas do presente e as do futuro. Todo isto non sería posible se non cursaramos a materia de Novas Tecnoloxías Aplicadas á Educación, unha materia indispensable para facer da aprendizaxe un proceso máis levadeiro e divertido para o alumnado e para os/as docentes. 

Após, dou as grazas 🙏por esta oportunidade, por esta experiencia que de seguro non esquecerei, así como ao equipo docente que estivo en todo momento ao noso carón para apoiarnos e guiarnos do mellor xeito posible e facer que sentiramos como se non estiveramos a proba a cada segundo senón que desfrutáramos de todo o que faciamos.Pero sen as miñas compañeiras  este proxecto non sería o mesmo, Noelia, Sheila, grazas polo voso tempo e dedicación, e sobre todo polo voso apoio!💚

Espero que aprobeitedes e desfrutedes os recursos e os materias que vos viñemos proporcionando ao longo desta etapa tanto como o fixemos nós. Nunca me gustaron as despedidas así que quero pensar que é un ata logo! Ah! Recordade, hai que valorar o NOSO!💙🤍


Unha aperta moi forte.🧡

Despedida Noelia

Ola rapazada!

Parece que ata aquí chegou a miña andadura por este blog, e polo tanto por esta materia  "Novas tecnoloxías da Educación". Teño que admitir que non me esperaba que se desenvolvese así, pois aprendín moitas cousas novas, transporteime por momentos a unha das materias do meu cliclo, cursado anteriormente (Marketing e Publicidade) e dinme de conta de que moitos recursos poden chegar a ser unha boa ferramenta para usar como futura docente.

Outra cousa que quero destacar é que cada día somos máis conscientes que as tecnoloxías forman parte da nosa vida diaria, e a educación como é un deses lugares que  cambia constantemente, e polo tanto con isto tamén, moitos/as mestres/as amósanse reacios a elas, pero ás veces poden ser un recurso moi efectivo no aprendizaxe das/os cativas/os. Cada día aparecen novos métodos tecnolóxicos que empregar na aula, que axudan a impartir a docencia dun xeito máis sinxelo, didáctico, interactivo, entretido e divertido, porque os/as nenos/as pásanno moi ben empregando as tecnoloxías. 

E con esta pequena reflexión despidome, moitas grazas por formarme un anaquiño máis, coma unha boa futura docente!


Un bico moi forte.

Despedida Sheila

Ola a todos!

Esta será a miña última publicación neste blog 😔 polo que me despido de todos vós e da materia de Novas Tecnoloxías Aplicadas a Educación Primaria, debo decir que grazas a esta materia dei un paso máis para formarme como futura docente. 

Paréceme moi interesante a idea de aplicar as ferramentas TIC na ensinanza-aprendizaxe en lugar do método tradicional de libro de texto, xa que é unha maneira máis dinámica e divertida de aprender e coa que coido que os nenos e nenas disfrutarán máis. 

Gustaríame tamén agradecer ás miñas compañeiras de grupo durante este cuatrimestre o seu traballo ao longo do curso e tamén aos docentes que nos botaron unha man sempre que o precisamos. 

E ata aquí chegamos, esperamos que vos gustaran os nosos proxectos e anímovos a todos e a todas a adentrarvos no mundo das tecnoloxías sempre facendo un uso adecuado delas. 

Ata pronto!

Proxecto Final

Boas a todos e a todas. 
Como estades?

Nós un pouco tristes porque xa estamos a chegar ao final do cuatrimestre. 
Na última sesión como última tarefa tivemos que realizar un proxecto final coas actividades que fomos realizando ao longo do curso. O noso proxecto consiste nunha páxina web creada con Wix sobre o tema que eleximos que foi a comida tradicional galega, na que incluimos estas actividades na orde na que as levaríamos a cabo. 

Se queredes botarlle un ollo podedes visitala premendo aquí ou na seguinte imaxe:









jueves, 9 de abril de 2020

Webquest


Bó dia a todos e todas! 😘

Hoxe queremos falarvos dunha problématica que nos ten algo preocupadas. Creemos que a cultura gastrónomica galega se está a perder coas novas xeracións. A día de hoxe case todos coñecemos e consumimos comidas típicas de outras culturas, pero cantos pratos típicos galegos coñecemos ou probamos? 

Deixámosvos aquí a ligazón a WebQuest que realizamos na que explicamos a actividade que realizamos co alumnado. O que pretendiamos coa realización desta actividade era que os nenos e nenas comezasen a tomar conciencia da importancia de comer de xeito saudable a vez que que comecen a valorar os pratos típicos da nosa terra.

Pinchade na imaxe para visualizala

martes, 7 de abril de 2020

Libro de actividades interactivas

Ola rapazada, como andades? 👋😊

Fai uns días ensinámosvos un conxunto de actividades interactivas que podedes empregar co alumnado de educación primaria. Ben, pois hoxe introducimos esas actividades nun pequeno libro, que vos deixaremos por aquí abaixo por se lle queredes botar un ollo 👀.

Destacamolo no libro pero tamén queremos mencionalo por aquí, á hora de realizar estas actividades tivemos en conta ao alumnado con necesidades educativas especiais, destacamos isto porque no libro estructuramos as actividades por ciclo. Aínda que a estructura das actividades estee por ciclo, á hora de realizalas co alumando non hai que cinguirse a esa orde, pois haberá alumnado que requira unha dificultade maior ou menor.

En conclusión tedes toda a liberdade para empregar estas actividades co voso alumnado en función das súas habilidades e destrezas, evitando que ninguén se aburra ou non poida realizar unha actividade porque non pode.

E con esta aclaración rematamos, vémonos pronto xentiña 🙋💓


viernes, 27 de marzo de 2020

Actividades multimedia interactivas

Moi bós días a todos e a todas, como andades?👋 

Hoxe traémosvos as actividades  nas que estivemos traballando recentemente, trátanse de diversos  xogos, cuestionarios, e diversas actividades, coas que pretendemos que os nenos e nenas coñezan os alimentos tradicionais galegos, dunha maneira máis didáctica e tendo en conta as necesidades especiais de todo o alumnado. A nosa temática é a comida tradicional galega🐙, e querémola visibilizar xa dende as pequenas xeracións para así manter vivo o espírito galego dentro das casas e dos cativos e cativas dende ben cedo💙.
A continuación deixámosvos as diferentes propostas de actividades didácticas deseñadas por cada unha de nós.👐

Sheila:

Actividad sopa de letras:































Zaira:

Actividade de completar os ocos coas palabras correspondentes:













Breve test sobre a gastronomía galega:


















Crucigrama en inglés sobre os alimentos:















Todas as imaxes empregadas para estas actividades son de autoría propia ou de autoría libre. Polo tanto estas imaxes están baixo a licencia que vos deixamos a continuación.

Licencia Creative Commons
Esta obra está bajo una Licencia Creative Commons Atribución-NoComercial-SinDerivadas 4.0 Internacional

Despedida Zaira

Ola a todas e a todos👋. Como estades? Eu teño sentimentos encontrados pois sinto dicir isto, pero este será o meu último post no blog, un b...