Eu teño sentimentos encontrados pois sinto dicir isto, pero este será o meu último post no blog, un blog feito con dedicación, enerxía e agarimo sen dúbida! Grazas a esta iniciativa tivemos, tiven, a oportunidade de adentrarnos no mundo das TIC, un mundo moi actualizado e moi necesario para as aulas do presente e as do futuro. Todo isto non sería posible se non cursaramos a materia de Novas Tecnoloxías Aplicadas á Educación, unha materia indispensable para facer da aprendizaxe un proceso máis levadeiro e divertido para o alumnado e para os/as docentes.
Após, dou as grazas 🙏por esta oportunidade, por esta experiencia que de seguro non esquecerei, así como ao equipo docente que estivo en todo momento ao noso carón para apoiarnos e guiarnos do mellor xeito posible e facer que sentiramos como se non estiveramos a proba a cada segundo senón que desfrutáramos de todo o que faciamos.Pero sen as miñas compañeiras este proxecto non sería o mesmo, Noelia, Sheila, grazas polo voso tempo e dedicación, e sobre todo polo voso apoio!💚
Espero que aprobeitedes e desfrutedes os recursos e os materias que vos viñemos proporcionando ao longo desta etapa tanto como o fixemos nós. Nunca me gustaron as despedidas así que quero pensar que é un ata logo! Ah! Recordade, hai que valorar o NOSO!💙🤍
Unha aperta moi forte.🧡
