miércoles, 19 de febrero de 2020

Recursos educativos para a aula-Zaira

Ola a todxs!!Como andades?😊

Esta semana estivemos buscando e traballando con diversos recursos educativos, os cales se poden aplicar, e actualmente son utilizados, nas aulas e Educación Primaria. Como ben xa sabedes, debemos buscar actividades que fagan as clases máis dinámicas nas que o alumnado teña un rol activo e participativo.

Por unha parte escollín unha actividade en Inglés e español para realizar puzzles con diversas imaxes de comida, actividade que realizarán en parellas con un ordenador. Con isto mellorarán a súa agudeza visual, pois a medida que realizan un puzzle correctamente van amentando de puntuación elevándose de posto no ranking do xogo, de xeito que canto antes acaben de realizar a actividade obterán maior puntuación. Ademais, os alumnos e alumnas tamén poderán elaborar os seus propios puzzles🙌.
En segundo lugar escollín un vídeo de YouTube onde se explica paso a paso como elaborar unhas crepes, ou máis coñecidas aquí en Galicia como filloas 😋, unha comida tradicional galega que, como sabedes, nunca pasará de moda😉. Esta actividade realizaríase na cociña do colexio, supervisada polos docentes e axudándolle aos alumnos en todo momento coa elaboración destas, pois como xa sabedes, non é boa idea deixar aos nenos e ás nenas cos mandos do lume!💢💥
Estou segura de que os alumnos e alumnas desfrutarán elaborando este prato e compartindo os seus resultados, pero sobre todo desfrutarán probándoos!😂


Ata pronto!🙋

Recursos educativos para a aula-Noelia

Esta semana estivemos á procura de recursos para empregar con nenos e nenas de primaria nunha hipotética clase, co noso tema elexido anteriormente. Eu escollin dous recursos diferentes, e interactivos.

 Por un lado elexin un xogo virtual para aprender a facer unha receita, en donde deberán superar diferentes niveis para completar a elaboración desta. É un xogo intuitivo e sinxelo, destinado aos dous primeiros ciclos de primaria, e dicir, 1º, 2º, 3º e 4º de primaria. Tamén destacar que deberán xogar individualmente.






O segundo recurso que escollin foi un videotutorial de cociña, para que os nenos e nenas aprendan a facer unha receita de pan de maneira práctica, seguindo os pasos do vídeo. Este recurso esta destinado para todos os ciclos de primaria. 



miércoles, 5 de febrero de 2020

O noso proxecto

Ola a todxs!! Como vai?

Hoxe estamos aquí para contarvos que despois de consultar varios blogs dos nosos compañeiros de este ano coma de cursos anteriores e de barallar varias opcións de proxectos eleximos a opción de elaborar unha páxina web educativa, informativa e interactiva. Eleximos facer unha páxina web entre outras cousas porque consideramos que é fácil de acceder para todos os alumnos/as.

O tema que trataremos neste proxecto será a Comida e a Gastronomía Tradional de Galiza.
Eleximos este tema porque consideramos que os nenos deberían coñecer as comidas e gastronomia da súa comunidade autónoma.

Neste proxecto incluiremos varios xogos como unir con frechas ou sopa de letras entre outras cousas para que os nenos aprendan dunha forma máis dinámica e se divirtan.







Despedida Zaira

Ola a todas e a todos👋. Como estades? Eu teño sentimentos encontrados pois sinto dicir isto, pero este será o meu último post no blog, un b...