viernes, 27 de marzo de 2020

Actividades multimedia interactivas

Moi bós días a todos e a todas, como andades?👋 

Hoxe traémosvos as actividades  nas que estivemos traballando recentemente, trátanse de diversos  xogos, cuestionarios, e diversas actividades, coas que pretendemos que os nenos e nenas coñezan os alimentos tradicionais galegos, dunha maneira máis didáctica e tendo en conta as necesidades especiais de todo o alumnado. A nosa temática é a comida tradicional galega🐙, e querémola visibilizar xa dende as pequenas xeracións para así manter vivo o espírito galego dentro das casas e dos cativos e cativas dende ben cedo💙.
A continuación deixámosvos as diferentes propostas de actividades didácticas deseñadas por cada unha de nós.👐

Sheila:

Actividad sopa de letras:































Zaira:

Actividade de completar os ocos coas palabras correspondentes:













Breve test sobre a gastronomía galega:


















Crucigrama en inglés sobre os alimentos:















Todas as imaxes empregadas para estas actividades son de autoría propia ou de autoría libre. Polo tanto estas imaxes están baixo a licencia que vos deixamos a continuación.

Licencia Creative Commons
Esta obra está bajo una Licencia Creative Commons Atribución-NoComercial-SinDerivadas 4.0 Internacional

Recursos utilizados para la creación de actividades multimedia interactivas

Bo día a todos e a todas. Como andades? ☺
Hoxe estamos aquí para contarvos en que andivemos traballando estos días. O que fixemos foi crear actividades multimedia interactivas utilizando diversas ferramentas ou recursos.
As ferramentas que empregamos foron:

En primeiro lugar Educaplay, que é unha plataforma para crear actividades interactivas, que se caracterizan por ser chamativas e atractivas. A súa finalidade é aprender e enseñar a vez que te divirtes, dunha forma algo diferente.




Imaxe obtida de: https://twitter.com/educaplay






A segunda ferramente empregada foi H5p, a cal permite crear diversa cantidade de contidos interactivos, para poder ampliar as posibilidades de aprendizaxe dos nosos alumnos.




Imaxe obtida de: https://commons.wikimedia.org/wiki/File:H5P_Logo.svg






Outro recurso que tamén utilizamos foi Kahoot, unha ferramenta moi útil para profesores e alumnos para aprender e repasar os conceptos dunha forma entretida. Permite crear tests ou cuestionarios sobre a materia xa impartida.



Imaxe obtida de: https://es.wikipedia.org/wiki/Kahoot!


E por último tamén escollemos Kubbu, que é unha ferramenta de aprendizaxe electrónico que permite crear actividades como crucigramas, cuestionarios así como diversas actividades e facelas en línea.



Imaxe obtida de: http://elespaciodeleconomista.blogspot.com/2018/03/buenas-tardes-chicos-debido-que-estamos.html

martes, 24 de marzo de 2020

Recurso Audiovisual

Ola a todxs!!👋Como andades?

Hoxe estamos aquí para presentarvos un novo proxecto no que estivemos traballando, neste caso un recurso audiovisual.

Trátase dun videotutorial sobre a receita das filloas 😋, no cal explicamos paso a paso esta receita tan representativa da cociña tradicional galega. O noso obxectivo con este vídeo é transmitirlles aos alumnos e ás alumnas o verdadeiro valor que teñen os produtos da nosa terra, é dicir, a valorar o noso.

Despois de revisar as diversas ferramentas coas que contábamos para realizar este video decantámonos por Clipchamp.


miércoles, 11 de marzo de 2020

Proxecto Audiovisual

Ola a todxs!! 👋Como andades?
Estos días andamos argallando algo novo! A ver se adiviñades o que é...😏. Pois si! Como ben podedes observar no título desta nova entrada,estamos a facer un proxecto audiovisual!

De entre todas as opcións de recursos audiovisuais, decantámonos pola elaboración dun vídeo tutorial, onde realizaremos paso por paso unha das receitas máis representativas da cociña tradicional galega, FILLOAS!!😋😍

Con esta receita intentaremos transmitirlles aos alumnos e ás alumnas o verdadeiro valor que teñen os produtos da nosa terra, en definitiva, a valorar o noso.








miércoles, 4 de marzo de 2020

Paper circuits

Ola a todxs?Como andades? ✋

A semana pasada andivemos argallando unha nova e innovadora forma de aprender algúns alimentos en inglés, e obviamente estes materiais poden ser realizados polos alumnos e alumnas. Grazas a esta actividade os cativos e cativas aprenderán a elaborar os seus propios recursos educativos mediante as novas tecnoloxías, actividade que chama moito a atención!!Pero sobre todo aprenderán a traballar en equipo e aprenderán uns doutros.😊

A continuación deixámosvos a nosa proposta, realizada con materiais moi sinxelos e doados de conseguir:


Que vos pareceu? 😊As placas Makey Makey son moi sinxelas de programar e dan un moi bo resultado!! Esperamos que esta actividade vos sirva e exemplo para enganchar aos cativos e cativas ás novas tecnoloxías aplicadas á educación💪💻.

Ata outra amigxs!!✋

O noso póster!

Ola a todxs! Como andades?

Na sesión de hoxe tivemos que realizar un póster dixital cos recursos que seleccionamos na sesión anterior.
Despois de revisar varios proxectos de pósters de anos previos decantámonos por realizar este, empregando moitas imaxes e facendoo visual e chamativo.

Nel podemos observar un fondo cun pulpo xa que o tema do noso proxecto é a comida tradicional galega, no que incluimos os nosos videos e xogos interactivos.
Se pinchas en cada recurso aparecerache un breve resumo de en que consiste ese recurso en concreto.

En conclusión pareceunos unha boa forma de recoller a información do noso proxecto dunha forma chamativa e divertida.

domingo, 1 de marzo de 2020

Recursos educativos para a aula-Sheila

Tras barallar varias opcións de recursos educativos dixitais que empregar cos nenos e nenas decanteime por dous. 

O primeiro recurso que elexin foi educaplay. Mediante este recurso realizaranse xogos interactivos como sopa de letras ou unir con frechas.
Desta forma os nenos poderán aprender sobre un tema moi importante como é a alimentación dunha forma máis dinámica e divertida. Intentando que aprendan o nome dos alimentos así como cómo se agrupan.







O segundo recurso seleccionado consiste nun video explicativo sobre un alimento, neste caso a pataca. Ademáis esa páxina conta con varios videos sobre moitos alimentos como froitas, verduras, etc para que os nenos coñezan os alimentos que consumimos a diario e a súa procedencia.








Despedida Zaira

Ola a todas e a todos👋. Como estades? Eu teño sentimentos encontrados pois sinto dicir isto, pero este será o meu último post no blog, un b...