miércoles, 29 de enero de 2020

NOELIA

Eu son Noelia e teño 21 anos. Fai un ano acabei os meus estudos de formación profesional de Marketing e Publicidade, un ciclo superior que me aportou certos recursos e ferramentas para afrontar esta materia con unha pequena base. 

Un día apareceu pola miña cabeza a idea de apostar pola educación, en canto aos estudos,  e trouxo a miña mente recordos da que sen dúbida, foi unha das mellores etapas educativas que vivín, primaria. Recordo tamén xogar a ser mestra tarde tras tarde, incluso na escola, cos/coas compañeiros/as máis pequenos. 




Día tras día a carreira a que decidín acceder, Educación Primaira, gústamame máis. Aínda que realmente afrontaba esta étapa con medo, polo feito de que existía  a posibilidade de que as materias non me gustasen e as ideas de abandonar se me pasasen pola cabeza, pero foi todo o contrario, cada día me dou máis de conta que isto é ao que quero adicarme nun futuro, e que a educación é a base funfamental para conseguir unha mellor sociedade futura .

Esta materia a primeira impresión que me deu, sinceramente, non foi moi boa, pois tiña unha concepción moi diferente(en realidade non sei por que), a impresión que teño hoxe, xusto o primeiro día. Pareceme interesante coñecer ferramentas, que nos permitan apostar por unhas clases máis dinámicas e entretidas como futuras mestras. Somos conscientes de que as tecnoloxías nos rodean por todos os costados, e que en certo xeito, son unha ferramenta interesante para aprender, pero non só para os nenos e nenas senón tamen para nós, os mestres e mestras. 

ZAIRA

Eu son Zaira, teño 18 anos e actualmente estou cursando  1º curso do Grao de Educación Primaria na cidade termal de Ourense, en Galicia. Os meus estudos previos foron o bacharelato, o cal cursei pola modalidade de letras puras, onde tiven a oportunidade de coñecer  linguas que me permitiron adentrarme de cheo nas culturas latina e grega😍, un mundo inmensamente interesante e engaiolante capaz de teletransportarte sen importar cando e onde te atopes.

Dende pequena nunca souben con certeza o que eu realmente quería estudar, pasei da odontoloxía á docencia en cuestión de horas, e todo grazas á gran oportunidade de poder transmitir o meu amor e a miña sabedoría ás persoas que levan menos tempo na vida ca min, aínda que eu non leve un siglo vivindo😂. Ao principio tiven medo por se as miñas espectativas de futuro como mestra se vían frustradas pola decepción ante o Grao, pero cada día que continúo na carreira teño máis claro que isto é ao que realmente quero adicar o meu tempo e o meu cariño.

En canto á asignatura de Novas Tecnoloxías, pola cal as miñas compañeiras e máis eu creamos este blog, teño sentimentos encontrados. Por unha parte teño medo, pois nunca me levei moi ben coa tecnoloxía, pero por outra estou ansiosa e expectante por aprender a utilizar novas ferramentas que farán que o meu currículo oculto se cultive cada vez máis!😄


SHEILA

O meu nome é Sheila e teño 19 anos.  Actualmente estou cursando 1º curso de Educación Primaria na Universidade de Vigo na facultade de Ourense. 
Decidín estudar Educación Primaria porque dende sempre me gustaron os nenos e tamén porque creo que os profesores teñen un papel moi importante na sociedade.

O ano pasado cursei bacharelato no cal tiven a materia de TIC e debo dicir que a tecnoloxía non é algo que se me dea especialmente ben. 😓

Realizamos este blog como unha tarefa de clase da asignatura Novas Tecnoloxías que teremos o longo deste segundo cuatrimestre. 
A tecnoloxía paréceme moi importante e máis hoxe en día xa que pode ser unha nova forma de ensinar e aprender os nenos sen ter que usar sempre o método tradicional de libro de texto. 

Por iso desta materia espero aprender a manexar mellor as tecnoloxías así como coñecer novas ferramentas para diseñar e elaborar material didáctico. Por unha parte teño medo porque non se me da moi ben pero por outra estou entusiasmada porque teño ganas de aprender.





Despedida Zaira

Ola a todas e a todos👋. Como estades? Eu teño sentimentos encontrados pois sinto dicir isto, pero este será o meu último post no blog, un b...