miércoles, 19 de febrero de 2020

Recursos educativos para a aula-Zaira

Ola a todxs!!Como andades?😊

Esta semana estivemos buscando e traballando con diversos recursos educativos, os cales se poden aplicar, e actualmente son utilizados, nas aulas e Educación Primaria. Como ben xa sabedes, debemos buscar actividades que fagan as clases máis dinámicas nas que o alumnado teña un rol activo e participativo.

Por unha parte escollín unha actividade en Inglés e español para realizar puzzles con diversas imaxes de comida, actividade que realizarán en parellas con un ordenador. Con isto mellorarán a súa agudeza visual, pois a medida que realizan un puzzle correctamente van amentando de puntuación elevándose de posto no ranking do xogo, de xeito que canto antes acaben de realizar a actividade obterán maior puntuación. Ademais, os alumnos e alumnas tamén poderán elaborar os seus propios puzzles🙌.
En segundo lugar escollín un vídeo de YouTube onde se explica paso a paso como elaborar unhas crepes, ou máis coñecidas aquí en Galicia como filloas 😋, unha comida tradicional galega que, como sabedes, nunca pasará de moda😉. Esta actividade realizaríase na cociña do colexio, supervisada polos docentes e axudándolle aos alumnos en todo momento coa elaboración destas, pois como xa sabedes, non é boa idea deixar aos nenos e ás nenas cos mandos do lume!💢💥
Estou segura de que os alumnos e alumnas desfrutarán elaborando este prato e compartindo os seus resultados, pero sobre todo desfrutarán probándoos!😂


Ata pronto!🙋

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Despedida Zaira

Ola a todas e a todos👋. Como estades? Eu teño sentimentos encontrados pois sinto dicir isto, pero este será o meu último post no blog, un b...