O meu nome é Sheila e teño 19 anos. Actualmente estou cursando 1º curso de Educación Primaria na Universidade de Vigo na facultade de Ourense.
Decidín estudar Educación Primaria porque dende sempre me gustaron os nenos e tamén porque creo que os profesores teñen un papel moi importante na sociedade.
O ano pasado cursei bacharelato no cal tiven a materia de TIC e debo dicir que a tecnoloxía non é algo que se me dea especialmente ben. 😓
Realizamos este blog como unha tarefa de clase da asignatura Novas Tecnoloxías que teremos o longo deste segundo cuatrimestre.
A tecnoloxía paréceme moi importante e máis hoxe en día xa que pode ser unha nova forma de ensinar e aprender os nenos sen ter que usar sempre o método tradicional de libro de texto.
Por iso desta materia espero aprender a manexar mellor as tecnoloxías así como coñecer novas ferramentas para diseñar e elaborar material didáctico. Por unha parte teño medo porque non se me da moi ben pero por outra estou entusiasmada porque teño ganas de aprender.

No hay comentarios:
Publicar un comentario