miércoles, 29 de enero de 2020

ZAIRA

Eu son Zaira, teño 18 anos e actualmente estou cursando  1º curso do Grao de Educación Primaria na cidade termal de Ourense, en Galicia. Os meus estudos previos foron o bacharelato, o cal cursei pola modalidade de letras puras, onde tiven a oportunidade de coñecer  linguas que me permitiron adentrarme de cheo nas culturas latina e grega😍, un mundo inmensamente interesante e engaiolante capaz de teletransportarte sen importar cando e onde te atopes.

Dende pequena nunca souben con certeza o que eu realmente quería estudar, pasei da odontoloxía á docencia en cuestión de horas, e todo grazas á gran oportunidade de poder transmitir o meu amor e a miña sabedoría ás persoas que levan menos tempo na vida ca min, aínda que eu non leve un siglo vivindo😂. Ao principio tiven medo por se as miñas espectativas de futuro como mestra se vían frustradas pola decepción ante o Grao, pero cada día que continúo na carreira teño máis claro que isto é ao que realmente quero adicar o meu tempo e o meu cariño.

En canto á asignatura de Novas Tecnoloxías, pola cal as miñas compañeiras e máis eu creamos este blog, teño sentimentos encontrados. Por unha parte teño medo, pois nunca me levei moi ben coa tecnoloxía, pero por outra estou ansiosa e expectante por aprender a utilizar novas ferramentas que farán que o meu currículo oculto se cultive cada vez máis!😄


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Despedida Zaira

Ola a todas e a todos👋. Como estades? Eu teño sentimentos encontrados pois sinto dicir isto, pero este será o meu último post no blog, un b...