Ola a todxs!! Como vai?
Hoxe estamos aquí para contarvos que despois de consultar varios blogs dos nosos compañeiros de este ano coma de cursos anteriores e de barallar varias opcións de proxectos eleximos a opción de elaborar unha páxina web educativa, informativa e interactiva. Eleximos facer unha páxina web entre outras cousas porque consideramos que é fácil de acceder para todos os alumnos/as.O tema que trataremos neste proxecto será a Comida e a Gastronomía Tradional de Galiza.
Eleximos este tema porque consideramos que os nenos deberían coñecer as comidas e gastronomia da súa comunidade autónoma.
Neste proxecto incluiremos varios xogos como unir con frechas ou sopa de letras entre outras cousas para que os nenos aprendan dunha forma máis dinámica e se divirtan.
No hay comentarios:
Publicar un comentario