Eu son Noelia e teño 21 anos. Fai un ano acabei os meus estudos de formación profesional de Marketing e Publicidade, un ciclo superior que me aportou certos recursos e ferramentas para afrontar esta materia con unha pequena base.
Un día apareceu pola miña cabeza a idea de apostar pola educación, en canto aos estudos, e trouxo a miña mente recordos da que sen dúbida, foi unha das mellores etapas educativas que vivín, primaria. Recordo tamén xogar a ser mestra tarde tras tarde, incluso na escola, cos/coas compañeiros/as máis pequenos.
Día tras día a carreira a que decidín acceder, Educación Primaira, gústamame máis. Aínda que realmente afrontaba esta étapa con medo, polo feito de que existía a posibilidade de que as materias non me gustasen e as ideas de abandonar se me pasasen pola cabeza, pero foi todo o contrario, cada día me dou máis de conta que isto é ao que quero adicarme nun futuro, e que a educación é a base funfamental para conseguir unha mellor sociedade futura .
Esta materia a primeira impresión que me deu, sinceramente, non foi moi boa, pois tiña unha concepción moi diferente(en realidade non sei por que), a impresión que teño hoxe, xusto o primeiro día. Pareceme interesante coñecer ferramentas, que nos permitan apostar por unhas clases máis dinámicas e entretidas como futuras mestras. Somos conscientes de que as tecnoloxías nos rodean por todos os costados, e que en certo xeito, son unha ferramenta interesante para aprender, pero non só para os nenos e nenas senón tamen para nós, os mestres e mestras.

No hay comentarios:
Publicar un comentario