viernes, 27 de marzo de 2020

Recursos utilizados para la creación de actividades multimedia interactivas

Bo día a todos e a todas. Como andades? ☺
Hoxe estamos aquí para contarvos en que andivemos traballando estos días. O que fixemos foi crear actividades multimedia interactivas utilizando diversas ferramentas ou recursos.
As ferramentas que empregamos foron:

En primeiro lugar Educaplay, que é unha plataforma para crear actividades interactivas, que se caracterizan por ser chamativas e atractivas. A súa finalidade é aprender e enseñar a vez que te divirtes, dunha forma algo diferente.




Imaxe obtida de: https://twitter.com/educaplay






A segunda ferramente empregada foi H5p, a cal permite crear diversa cantidade de contidos interactivos, para poder ampliar as posibilidades de aprendizaxe dos nosos alumnos.




Imaxe obtida de: https://commons.wikimedia.org/wiki/File:H5P_Logo.svg






Outro recurso que tamén utilizamos foi Kahoot, unha ferramenta moi útil para profesores e alumnos para aprender e repasar os conceptos dunha forma entretida. Permite crear tests ou cuestionarios sobre a materia xa impartida.



Imaxe obtida de: https://es.wikipedia.org/wiki/Kahoot!


E por último tamén escollemos Kubbu, que é unha ferramenta de aprendizaxe electrónico que permite crear actividades como crucigramas, cuestionarios así como diversas actividades e facelas en línea.



Imaxe obtida de: http://elespaciodeleconomista.blogspot.com/2018/03/buenas-tardes-chicos-debido-que-estamos.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Despedida Zaira

Ola a todas e a todos👋. Como estades? Eu teño sentimentos encontrados pois sinto dicir isto, pero este será o meu último post no blog, un b...